Ver o State of the Word, a discurso anual realizado polo co-fundador do proxecto WordPress, Matt Mullenweg, gravada o 11 de decembro, en directo desde Madrid.

WordPress: Publica a túa paixón

Crea un lugar para o teu negocio, os teus intereses ou calquera outra cousa coa plataforma de código aberto que move a web.

Potente e fortalecedor

Ilustración que mostra unha cuadrícula de diferentes estilos tipográficos e opcións de cor, cunha frecha do cursor facendo unha selección.

Dálle estilo ao teu xeito

Deseña calquera cousa que imaxines. Empeza cun lenzo en branco ou elixe entre unha ampla variedade de temas e padróns. Personaliza cada detalle, desde a cor e as fontes ata o deseño e a funcionalidade.

Conecta e amplia

Fai que WordPress faga o que necesites. Engade unha tenda, unha lista de correo, un porfolio, un feed social, analíticas; ti tes o control con máis de 55.000 plugins.

Sé dono do que fas 

O teu contido, o teu deseño e os teus datos son sempre teus. Con WordPress eres libre de contar a túa historia, facer crecer a túa marca ou, simplemente, ser só ti.

Crea con confianza

Creado por unha comunidade de código aberto con décadas de experiencia, os seus apaixoados colaboradores comprométense a manter WordPress o máis estable e seguro posible.